BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 23 de marzo de 2018

Somos cociñeiros.

Hoxe como era o último día antes das vacacions de Semana Santa, os nenos de primeiro convertemos a clase nunha cociña, na que fixemos bica, galletas e madalenas; pasámolo tan ben que xa estamos desexando repetir.

Estaba todo tan bo que non quedou nin a proba para as profes; pero como levamos as receitas para a casa agora podemos facelas coa axuda dos nosos pais. 

Gozade moito do merecido descanso.







Moitas grazas Laura

Hoxe foi un día algo triste porque a nosa profe Laura remataba as prácticas e tocounos chorar un pouquiño; ímola botar moito de menos e seguramente ela tamén a nos. Entre todos regalámoslle un coxín cos nosos debuxos impresos para que non nos esqueza. Aínda que sabemos que eso non vai acontecer e nos a ela tampouco. Moitas grazas Laura. Un bico moi forte.


Facendo as carpetas

Esta semana traballamos a reo para facer as portadas das nosas carpetas con todas as fichas do trimestre. A verdade e que nos quedaron moi ben e gozamos moito facéndoas; espero que a vos tamén vos gustaran. Aquí tendes unha pequena mostra dese día.








viernes, 16 de marzo de 2018

Visita á Praza de abastos

O martes os nenos e nenas de primeiro tivemos unha saída á praza de Bueu, onde puidemos contemplar a gran variedade de peixes e mariscos, tanto de altura como de baixura.

Os praceiros e praceiras explicáronnos moitas curiosidades, tiveron moita paciencia con nós, e ata nos regalaron piardas. Algunhas das cales abrímolas na clase, outras coméronas as gaivotas no patio e ata houbo algunha que chegou as tixolas das nosas casas.

Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.



miércoles, 7 de marzo de 2018

A medida

Estes días andamos a voltas coas regras, os metros, os palmos, os pes... todo para traballar as medidas. Hoxe medímonos todos, foi moi divertido e aprendemos moito.

viernes, 2 de marzo de 2018

O Corpo Humano

Como xa sabedes, no cole estamos a aprender as partes do noso corpo, xa case as sabemos todas e hoxe escribímolas nestes preciosos murais, que fixemos en equipo.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...