BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 16 de noviembre de 2017

A EXPERIMENTAR CON MOITO SENTIDO

Todo o alumnado de 2º estamos despertando os sentidos do noso corpo con diversas experiencias que realizamos na escola. 
No ximnasio e coordinados pola profe Goretti dedicámonos a identificar formas, texturas, temperatura e dureza de diferentes obxectos que tocamos cos ollos pechados seguindo as  instrucións orais dadas por un compañeiro ou compañeira. OÍDO E TACTO DEBEN ESTAR MOI AGUDIÑOS!!!
Mentres tanto, na aula de ciencias, acompañados polas nosas titoras, estimulamos O GUSTO, O OLFACTO E TAMÉN O TACTO intentando ler no alfabeto BRAILLE, ulindo substancias agradables e desagradables, probando diferentes sabores e percibindo a sensibilidade da dor na pel segundo sexa na man ou no antebrazo. 
Tamén identificamos as partes dos órganos dos sentidos (ollo, oído, pel, lingua) grazas as maquetas que hai na aula. 
Xa coñecemos un poquiño máis do mundo do noso redor grazas aos 5 SENTIDOS.

Aquí unha pequena mostra!!

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Concerto de Retrouso

O venres 10 de novembro dous integrantes da Asociación Cultural Retrouso, Andrea e Miguel, viñeron a darnos un concerto didáctico con instrumentos tradicionais como a gaita e a pandeireta. Tamén nos ensinaron algúns pasos de bailes galegos, que non nos saíron mal de todo como podedes ver nas seguintes fotos.
Moitísimas grazas aos dous, pasámolo moi ben.







miércoles, 8 de noviembre de 2017

MAGOSTO NA PEDRA

Achégase o San Martiño, tempo de magostos, e no cole da Pedra celebrámolo con xogos populares no patio e como non, comendo moitas, moitas castañas asadas. Estaban boísimas aínda que os nenos dixeron que as que facía Ramón sabían mellor. Aquí tendes un vídeo e algunhas fotos do ben que o pasamos.












jueves, 2 de noviembre de 2017

O Samaín

O 31 de outubro celebramos O Samaín, que como di a canción de Mamá Cabra noutros sitios lle chaman Halloween. Os nenos viñeron terrorificamente vestidos ao cole e así de guapos posaron diante da exposición de cabazas. Unhas cabazas que quedaron "chulísimas" e unhas máis apetitosas que outras. Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Podedes ver moita máis información e imaxes no blog do Bibliocastelo e Enredemos, onde hai un vídeo precioso. Non volo perdades!!!






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...