BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 24 de octubre de 2017

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Hoxe, por ser 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, celebramos o aniversario da nosa mascota: Papirus. A semana pasada recibimos unha carta en forma de mazá vermella na que nos invitaba a acompañalo na súa festa no bibliocastelo.
Na biblioteca esperábanos Lina para contar coa nosa axuda a historia de Kalandraka A SOPA VERDE. 
Despois cantamos e bailamos a canción de Papirus e finalmente agasallounos con froitas bañadas en chocolate, xa que este curso ímolo adicar á alimentación saudable.
Se premedes aquí poderedes ver máis fotos e información sobre este día.


 






lunes, 9 de octubre de 2017

PROBANDO FROITAS!

O venres 6 de outubro chegaron ás nosas aulas unha caixa con moitos froitos cedidos pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Probamos todas elas e aprendemos os seus nomes. A que máis nos sorprendeu foi a feixoa, estaba boísima! e as nosas preferidas foron as castañas. Probamos tamén caqui, pera, noces, abelás e uns pequenos froitos vermellos con moitas pebidas chamados guayabos fresa.



Mmmm!

PRIMEIRA SEMANA, PRIMEIRA SAÍDA!

Xa estamos no curso 2017-2018 e, xa para comezar, o segundo día de clase fomos de saída!!! Aproveitando que o curso pasado traballamos o CINE, invitáronnos os organizadores do festival de curtas FIC de Bueu a ver unha serie de curtametraxes coas que nos divertimos moito e aprendemos máis!
 








Ademais, puidemos admirar a decoración do Centro Social, feita por Marc Taeger (pai dunha nena de 2º) e ao final fixémonos unhas fotos acompañados de Charlot. 
 Premede aquí para ver o Facebook do festival: IMAXES
Ao chegar ao cole, quixemos imitar o cartel do Festival. Nas imaxes podedes ver como nos saiu...




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...