BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 30 de junio de 2017

UN REMATE DE CINE!!

  Rematamos o cole!!! Vivan as vacacións!!! Neste último día pasámolo xenial: rematamos algúns traballiños, asistimos a uns premios, bailamos, vimos unha peli e fixemos unha boa merenda. Tivemos a visita dos rapaces de 1ºA que viñeron á nosa clase para lernos unha obra de teatro. Estiveron fenomenais! 












                               
                                        
   Como sabemos o importante que é unha alimentación variada, puidemos probar un pouco de todo: pizza, tarta de tres chocolates, fresas con nata, bananas, cereixas, biscoito de colacao, filloas e algunha galleta. Que ben nos coidamos!




domingo, 25 de junio de 2017

CHUVIA, CHOIVA, CHUVA

O alumnado de primeiro gustoulle moito aprender as 100 maneiras de chamar a CHUVIA en Galicia e o demostraron gravando un vídeo. Aquí o podedes ver!!!

viernes, 16 de junio de 2017

BRINCANDO CON PACO NOGUEIRAS

Hoxe fomos 1º e 2º ao cole de Infantil, que recordos! Invitáronnos os nosos compañeiros ao concerto de Paco Nogueiras, que veu compartir con nós o seu BRINCA VAI! Ao chegar ao patio atopámonos cun patio moi ben decorado con carituras do cantante.
 E enseguida comezou o concerto. Divertímonos moito con Paco e cos compañeiros de Infantil.
Premede esta imaxe e atoparedes un vídeo sobre ese día!




domingo, 11 de junio de 2017

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO


Os nenos e nenas de 1º fixemos case o mesmo percorrido que os de 2º nun horario diferente.
Ás 10 da mañá fomos ao museo, ao Sexto edificio, como somos tantos separáronnos en dous grupos,  1ºA fomos con Luís e 1º B con Paula. A visita polas diferentes salas resultou moi interesante, vimos pintura, escultura, mobles, xoias… Encantounos a historia do tesouro de Caldas de Reis (achado moi importante que se conserva no museo), a “lectura” do escudo que había no sepulcro de Suero Gómez de Sotomayor, os mobles tan decorados, os cadros de paisaxes, os retratos, as miniaturas e tamén cando todos nos convertemos nunha escultura de museo.











Para rematar a visita agasalláronnos cun libro: “Os BOLECHAS coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra”. Estivo xenial!

Ao redor das  11h. fóra xa do museo, merendamos para comezar con forza o percorrido polas rúas e prazas máis antigas de Pontevedra acompañados do guía Roberto que sabe contar as cousas da cidade dun xeito especial.





Preto da unha do serán, montamos no autobús e fomos para o Parque dos Sentidos en Marín. Mentres esperamos polos compañeiros de segundo, xogamos, mollámonos e descansamos. Logo todos xuntos comemos sentados no escenario do auditorio. Sen sequera rematar, recollemos axiña e fomos desgastar enerxía tirándonos polo gran tobogán que hai no parque. Todos o estabamos desexando!

 A parte máis sosegada da xornada chegou coa sesión de cine en Seixo coa película “Richard, la cigüeña” e a visita a sala de máquinas de proxección. 
Foi un día de escola para lembrar!



jueves, 8 de junio de 2017

UNHA EXCURSIÓN INOLVIDABLE!!!


  O martes 6 de xuño deixamos soíño o cole de A Pedra. Por que? Marchamos de excursión!!!

10:00 Iniciamos o día cun roteiro polo casco vello de Pontevedra. Roberto, o noso guía, explicounos cousas curiosas sobre edificios e prazas. Queredes saber alguna? 


11:10 Chegamos ata o Museo do 6º, chamado así porque o Museo de Pontevedra está composto de 6 edificios e ese, foi a última parte en construirse. Que fixemos? Un xogo de pistas. Estivemos buscando o sepulcro de Suero, una mesa antiga, o cadro dunha nena con xoguetes, paisaxes marabillosas e a estatua dun home chamado Lázaro. Por un momento nós tamén quedamos de pedra!




Antes de rematar a visita, ensináronnos o violín de MANUEL QUIROGA. Que ilusión!




12: 45 Saímos correndo e SORPRESA!!! Entramos no Estadio de Pasarón.



14: 00 Hora de comer,  chegamos ao Parque de Briz en Marín.

  


15h40: Hai que marchar. Si. Outra vez a correr. Baño. Mochila. Autobús. Cine.


  18:30 Remata a aventura!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...