BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 28 de abril de 2017

EXPOSICIÓN: O PRINCIPIÑO

Esta semana adicámola aos libros, pois o 23 de abril conmemoramos o DÍA DO LIBRO. Por ese motivo, na biblioteca houbo varias actividades. 
O martes, un grupo de alumnos e alumnas do colexio de Beluso viñeron visitar o Bibliocastelo e os de 6º contáronnos un conto: O MONSTRO DE CORES.
Ademais, durante toda a semana houbo unha exposición chulísima na Biblioteca: unha colección de 78 libros de O PRINCIPIÑO en diferentes idiomas, cedida por Loli Docampo (nai de dúas nenas de 2º: Uxía e Mariña)
O día da visita, a profe Lina explicounos moitas cousas interesantes desta novela e ata puidemos escoitar un anaco dela en chinés grazas a Jinxin Chen, compañeiro de 4º de Primaria.
Para saber máis, premede neste ENLACE
 


jueves, 27 de abril de 2017

THE JUNGLE BOOK

Hoxe foi un día moi especial, xa levabamos moito tempo esperando que chegara porque na clase de inglés estivemos traballando o vocabulario e aprendendo esceas dunha película que nos encanta: THE JUNGLE BOOK.
E hoxe cedo marchamos camiñando ata o Centro Social do Mar porque alí estaban esperando os actores da compañía "InterActing, a theatre in Education Company". A verdade é que foi unha actividade chulísima porque aínda que estaba en inglés, entendimos perfectamente a historia, seguimos con interese toda a representación e descubrimos que temos un montón de compañeiros que poden adicarse ao teatro pois son grandes actores! Rímonos moito e aprendemos aínda máis!!!







 

miércoles, 19 de abril de 2017

FALANDO DE CINE...

E, así é! Falando de cine porque o mércores 19 viñeron Manuel Pena e Ignacio Cubero, organizadores do FIC de Bueu a contarnos o proceso para facer unha película. E, aínda que nos resultou algo complicado de entender, puidemos observar como facer unha película de cine leva moitísimo traballo.
Grazas polo voso traballo e polas vosas ganas de difundir o CINE!




martes, 18 de abril de 2017

FELICES PASCUAS!!!

  Antes de marchar de vacacións, os rapaces de 2º colorearon un ovo de Pascua moi especial. Foi tan especial que levaba unha sorpresa por dentro: un pitufo?? Non! un angry bird?? Non!! Entón? Pois nada máis e nada menos que UN GREMLIN. E iso que é?
Os gremlins son unhas adorables criaturas que se convirten en auténticos monstruíños se non se seguen 3 normas fundamentais... Queredes saber cales? Clicade no video!


                                  


    Pois estes son os nosos marabillosos ovos de Pascua estilo Gremlin!!!










Felicidades, uns traballos magníficos!!!



domingo, 16 de abril de 2017

VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

Antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º e 2º fomos visitar o Museo Massó. Alí fixemos uns obradoiros: os de 2º sobre nós mariñeiros e os de 1º sobre un mamífero mariño, a balea. Aproveitamos a visita para percorrer as salas e observar a multitude de obxectos relacionados co mar que alí se conservan.
Os de 1º fixeron dous murais por equipos, un representaba unha balea en liberdade e o outro a caza da balea. Aprendemos moitas cousas novas! En 2º realizamos o taller de nós e escoitamos a historia dos irmáns Massó, a fábrica e personaxes relacionados con eles como Lugrís ou Marconi. 
Grazas ás traballadoras do Museo por recibirnos e acompañarnos durante este día.





















viernes, 7 de abril de 2017

CARPETAS DE CINE

Hoxe rematou o trimestre e déronnos vacacións!!!
Para levar a casa os nosos traballos fixemos unhas carpetas chulísimas con PORTADAS DE CINE. Como na Biblioteca estabamos traballando a película Toy Story, esa foi a que eliximos para decorar as nosas portadas. Mirade que chulas quedaron e boas vacacións!






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...