BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 28 de octubre de 2016

MENUDO SAMAÍN!!

   Disfrazados e con ganas de pasar un venres terrorífico, os rapaces e rapazas de 1º e 2º fixeron gala da súa imaxinación: cabazas espeluznantes, disfraces aterradores, decoración de corredores e aulas sorprendentemente desagradables... Unha auténtica barbaridade! Ademais, colaboraron na realización dun mural na entrada do centro con personaxes de medo. Velaquí o resultado!!!



















miércoles, 26 de octubre de 2016

UN ANIVERSARIO HOLLYWOODENSE!



     O 24 de outubro celebramos o aniversario da mascota Papirus pero... non puido estar... Recibimos un par de días antes unha carta del convidándonos á festa. Xa alí, vimos un vídeo onde nos explicaba que estaba en Hollywood e que chegaría dentro dunha semana. A profe Lina foi a encargada de darnos a sorpresa de Papirus: a historia do cine con alumnado facendo de actores e actrices e... chuches!!!!!












domingo, 9 de octubre de 2016

QUE VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!

    O 4 de outubro recibimos no cole a asociación de música tradicional Retrouso coa que nos divertimos todos moito. Ensináronnos diferentes tipos de instrumentos como a gaita e as súas partes, a pandeireta e as coñecidas botellas de anis e cunchas de vieiras. Grazas a moitos obxectos cotiáns, podemos facer música. Que se cos ocorre? Bueno, pensade un pouquiño e xa nos contaredes no cole. Mentres tanto, escoitade a arte destas rapazas con músicos voluntarios de 1º, 2º e 3º. Un gustazo!!!



             









UN COMEZO DE PELÍCULA!

   Xa hai practicamente un mes que os máis pequenos de primaria comezaron no cole dos maiores. Emocionados e un pouco inquedos na entrada, as titoras e especialistas démoslles a benvida ás aulas.
Nestas primeiras semanas, xa foron mostrando o talento que teñen para posar e crear...

                            







 



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...