BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 19 de junio de 2016

FUNCIÓN DE FIN DE CURSO DE 2º

Aínda que pareza incrible, xa estamos rematando o curso! e o alumnado de 2º quixo compartir coas súas familias e cos compañeiros de 1º e 3º un día especial no Centro Social do Mar de Bueu, onde representaron a obra teatral A NUBIÑA PASCUAL (adaptación de Inmaculada Díaz), bailaron a CANCIÓN DOS PLANETAS de Enrique e Ana, e compartiron xuntos o visionado dun vídeo sobre a excursión Á Xesteira chamado NA ESCOLA... NATURALMENTE! (publicado na entrada anterior EXCURSIÓN FIN DE CURSO)
Observade que ben o fixeron estes rapaces e rapazas!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O día 7 de xuño saímos de excursión todo o alumnado de 1º e 2º a área da natureza de A XESTEIRA no concello da Lama. O día estivo espléndido e compartimos unha xornada escolar  ao aire libre de xogos, actividades e comida. Foi divertido! Aquí queda unha mostra.

domingo, 12 de junio de 2016

AXENCIA PUBLICITARIA

Durante este curso, en valores sociais e cívicos traballamos a publicidade. Intentamos comprender as características de elaboración e  creación dos anuncios e tamén  os obxectivos que perseguen para captar a atención dos consumidores. Resultou interesante! Tanto é así que nos convertimos en verdadeiros axentes publicitarios. Mirade o vídeo e comprobarédelo.

UN PLANETARIO NO COLE!


O martes día 31 de maio  levamos unha sorpresa incrible: había un PLANETARIO no cole!!!
Non é broma, a fundación A Caixa prestounos durante unha semana un planetario móbil. Dentro del puidemos ver unha película moi interesante sobre o espazo, onde explicaban cousas tan interesantes como o significado das constelacións do zodiaco, que hai estrelas xigantes ou por que a Semana Santa cambia de datas cada ano...
Ao rematar contamos todas as nosas impresións, que foron moitas e marchamos abraiados. Grazas profe Lina, foi unha actividade xenial!
Se queredes saber máis, premede AQUÍ

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...