BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 20 de diciembre de 2016

LEMAS DE NADAL

Este curso, como xa vén sendo tradición, participamos no CONCURSO DE LEMAS para poñer na postal colaborativa de Nadal. E, entre todos os lemas presentados, gañou o de Alexandra Lis de 1ºB: "Por un Nadal de cine, compartamos historias con final feliz".

Pero houbo moitos lemas preciosos e merecen ser nomeados:

PRIMEIRO A
1.     Neste Nadal imos todos xuntos ata “O infinito e máis alá!”   Raúl
2.    Os agasallos do Nadal son coma unha caixa de bombóns, nunca sabes que che vai tocar. Feliz Nadal para todos! Gozádeo en familia!. Daniel Ferradás
3.    Oxalá as guerra fosen unha película de terror! Roi Castro.
4.    Agasállote co meu sorriso. Bo Nadal!    Blanca
5.    No Nadal ! Xogar e gozar! Paula
6.    O Nadal é para os nenos unha película feita realidade. Deixemos saír ao neno que todos levamos dentro e mostremos os nosos mellores sentimentos: Paz, amor, Solidariedade, dannos a todos Felicidade.  Inés
7.    O Nadal é verdadeiro non polos regalos que recibimos, senón polo que compartimos. Antía Álvarez
8.    Que pasedes un Nadal de película,   Iván
9.    Comparte amizade e felicidade nun Nadal de cine.  Violeta
10. Este será un Nadal de película. Todos seremos protagonistas actuando con SOLIDARIEDADE!   Manuel
11.  O Nadal é unha película de acción. Martín Sánchez

PRIMEIRO B
13. Como di Patricio: “Aínda que Bob Esponxa sexa o protagonista, eu sempre serei estrela.  Alejandro Santos
14. Bendito o tempo no que todo o mundo se dedica a unha conspiración de amor. Hamilton Wright mobie.  Mateo Torres
15. Os corazóns xxxxx entenden o Nadal máis alá das palabras.   Anxo
16. Regalo entradas para un Nadal de cine e o desexo de que o Nadal leve a todos os fogares moita ledicia.   André Martínez
17. Desexamos que neste Nadal o teu conto teña un final feliz. Natán
18. Neste Nadal, solidariedade e amizade non han faltar. Antía Macías
19. Por un Nadal de cine, compartiremos historias con final feliz.  Alexandra
20.Este Nadal pode ser o comezo dunha bonita amizade. Aroa Taeger
21. Compartimos as cousas. María Otero
22.Querido Papa Noel, eres moi bo, querido Reis Magos, sodes moi bos tamén. Tea amizade tamén. Iria J. C.
23.“Luces, cámara e acción” Ródase a película “O Nadal”, trata de reunións en familia, ilusións, saudades e bondade cos demais.  Xoel Martínez
24.O amor familiar é o mellor agasallo en Nadal.  Saúl Iglesias
25.O Nadal é unha época para emocionarse, coma te emocionan as películas. Miguel Rodríguez.
26.Que o Nadal encha o teu fogar de amor, paz e felicidade. Daniel Ríos.
27.Gocemos este Nadal dunha película chea de fotogramas únicos!   Carlos
28.Darlle roupa aos nenos pobres, comida e xoguetes. Pablo
29.Compartamos a maxia do Nadal, compartamos a maxia do Cine! María Pastoriza
30.O Nadal é unha película na que a ilusión é a protagonista.  Borja Verde

SEGUNDO A
31. Novas estrelas brillarán se xuntos botamos unha man. Cristian Abal
32.A solidariedade será a protagonista este Nadal. Candela Castro
33.O Nadal é moi curto pero é alegre e divertido coma unha película de cine.
34.Neste 2017, pidamos que o 2017 sexa un ano de cine, onde escribamos o noso propio guión, cheo de solidariedade cos demais e connosco. Mario Barreiro
35.Se un Nadal de cine queres vivir con todos has de compartir.  Ainoa Fernández
36.Todos os nenos e nenas teñen dereito a chegar ao infinito e máis ala! Nadal para todos. Gael
37. Luces, cámara, acción. Deséxovos un Nadal de alucine. Nicolás

SEGUNDO B
38.Que en Nadal compartamos o corazón e que veamos unha peli de Nadal. Javier Janeiro.
39.Nadal na casa! María Romero
40.Cantamos panxoliñas, esperamos aos Reis e deitámonos cedo para abrir os regalos. Xiana Riobó
41. Fai do teu Nadal unha gran película! Clara Silva

Noraboa a todos e grazas pola participación!

lunes, 19 de diciembre de 2016

CARPETAS DE CINE

Para rematar este trimestre, o alumnado de 1º levará os seus traballos nunha carpeta. Na portada, decoramos unha árbore de Nadal e puxémoslle unha estrela que contiña unha frase de película. Había de Toy Story, O rei León... Fixemos unhas portadas de cine!








lunes, 12 de diciembre de 2016

DEMOSTRACIÓN DE DRONS

Hoxe veu unha parella de Aero Morrazo, déronnos unha charla sobre o bo uso dos DRONS e despois fixeron unha exhibición no patio. Quedamos todos abraiados!





domingo, 27 de noviembre de 2016

TEMPO DE COMPARTIR

   
        A semana pasada, a profe Geli entrou na clase de 2º A cunha bolsa. Nela gardaba unha serie de obxectos importantes para ela e así coñecela mellor. Como ela tamén quería conocer á clase, invitounos a participar coa actividade "A MALETA" que consitiu en que todos tiñamos que traer obxectos significativos para cada un de nós.  
   Moi animados, descubriron todos gustos insospeitados de compañeiros e tamén da profe. Foi unha sesión moi agradable e chea de sensibilidade. Velaquí os nosos protagonistas!



























miércoles, 23 de noviembre de 2016

SAÍDA A CANGAS

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP P. A PEDRA tivemos una xornada de escola diferente, visitamos a casa da Mangallona en Cangas para ver a obra do pintor morracense Camilo Camaño Xestido. O artista demostrounos mediante un vídeo como creou en pouco tempo unha pintura mural para decorar a fachada da súa casa, logo fíxonos un percorrido polas diferentes salas da casa onde había retratos, paisaxes, bodegóns das diferentes etapas da súa pintura e, por último ensinounos a PEDRA MOURA que recolleu e conserva na súa casa.















Logo merendamos nun parque de Cangas para ir tranquilos e descansados ver a obra de teatro "ROEDORES" 

"Peludiño é un hamster que escapou da súa gaiola e quere vivir aventuras, Munda é unha rata soñadora, ambos rebuscan no lixo e deben superar as diferenzas para traballar xuntos e vencer ao gato".

De esta maneira tan gráfica intentamos lembrar o  25 de novembro día "INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

domingo, 13 de noviembre de 2016

DEGUSTACIÓN DE OUTONO!

A semana pasada as profes nos pediron que levásemos ao colexio froitos de outono. Con todas as cousas que levamos fixemos unha EXPOSICIÓN DE OUTONO chea de produtos típicos desa data: marmelos, granadas, mazás, noces, abelás, uvas, feixoas, cabazas, améndoas, castañas, kiwis, caquis, landras...
O xoves, antes do recreo baixamos ao comedor a facer unha degustación dos produtos da exposición (grazas Martín), probamos algúns que non coñeciamos como a feixoa, a granada ou o caqui.
Gustáronnos tanto que non quedou nadiña!!!!











LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...