BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 27 de noviembre de 2013

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Hoxe fomos a un teatro musical no auditorio da fundación Novagalicia Banco de Pontevedra. Foi a primeira saída do alumnado do 1º curso. A obra mesturaba partes musicais interpretadas por dous músicos e dous cantantes e partes interpretadas por dous actores: a nena e o grilo. Ao longo da sesión fomos escoitando as cancións do disco de Magín Blanco.
Gustounos moito o espectáculo e ata pasamos un chisquiño de medo!!!









lunes, 25 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO

Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, e por iso durante esta semana estamos lendo contos relacionados con ese tema como OS BONOBOS CON LENTES ou A FAMILIA PORCÓN... Ademais, traballamos uns xogos para darnos conta da importancia que ten a igualdade no mundo actual e entre todos, reflexionamos por ter un mundo máis xusto onde ninguén se crea superior a outro. Entre todos conseguirémolo!
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML

domingo, 17 de noviembre de 2013

SEXAMOS SOLIDARIOS!

O próximo 25 de novembro conmemórase o DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO, e que mellor xeito de celebralo que educar na igualdade e na solidariedade.
Se premedes nos seguintes enlaces atoparedes unhas sinxelas actividades e xogos pensados para vós. Esperamos que vos gusten.

http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash.asp

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

O pasado martes, 5 de novembro, celebramos o MAGOSTO. O tempo non nos acompañou xa que choveu moito e non puidemos realizar os xogos tradicionais con castañas.  O que si fixemos foi comer as castañas asadas, que nos souberon...









boísimas!!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...