BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 23 de abril de 2013

23 de abril: DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO por ser o aniversario do falecemento de dous escritores universais: Cervantes e Shakespeare.
Nós, no Bibliocastelo quixemos celebralo recitando todos xuntos un poema de Paula Carballeira creado para esta data. Despois escribemos o nome do libro que máis nos gustou e por que.

Outra actividade que estamos a celebrar é unha MARATÓN DE CONTOS. Durante os recreos desta semana, algúns profesores len contos no Bibliocastelo para quen quiera escoitalos. Animádevos rapaces!

lunes, 22 de abril de 2013

DESPEDIDA DE VICTORIA

Hoxe os rapaces e rapazas de 1º fomos ao colexio de Infantil para despedirnos de VICTORIA, a muller que limpaba o cole dende hai máis de vinte anos, porque hoxe era o seu último día de traballo. Fixéronlle un cartel, agasallárona cun ramo de flores precioso e démoslle un aplauso enorme. Despois do acto, as profes deixáronnos xogar no patio de Infantil un ratiño e despois voltamos a merendar.
Grazas por todo Victoria!



jueves, 18 de abril de 2013

SAÍDA A CABO UDRA

Onte fomos visitar Cabo Udra. Ás 10, os autobuses deixáronnos en Chans de Sequeiros. Dividímonos en dous grupos. Anxo acompañou a 1º, Miguel a 2º e comezamos a caminata. Polo camiño faciamos paradas para recibir algunha explicación sobre as paisaxes, a flora e a fauna. O día estaba moi despexado mais algúns recodos do camiño estaban bastante mollados. Pasámolo moi ben saltando por riba dos charcos!!! Cando chegamos á Aula da Natureza xuntámonos cos compañeiros, merendamos, descansamos e visitamos a Aula. Alí fixemos unha ficha, déronnos unha explicación de enerxias renovables e despois emprendimos o camiño de volta aos autobuses. Xogamos un pouquiño e finalmente voltamos ao colexio. Foi un día moi divertido no que aprendemos un pouquiño máis da localidade onde vivimos. Grazas a Miguel e Anxo por explicarnos todo tan ben!















martes, 16 de abril de 2013

SORPRESAS

Hoxe foi un día especial na clase de 1º B. Ao chegar, HELENA tíñanos preparada outra sorpresa: BOMBÓNS DE CHOCOLATE. Estaban feitos por ela e mais a súa nai e moi ben presentadiños nunha caixa preciosa que despois regalou á aula. Como eran moitos bombons, compartímolos cos compañeiros de 1º A. Pero o mellor de todo é que estaban... Mmmmm! Boísimos!!!






Máis tarde limos unha lectura na que nos daban instruccións para facer uns XARDÍNS DE TULIPÁNS con cartulinas e mirade que bonitos quedaron!




lunes, 8 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O alumnado de 1º aprendeu un anaco da poesía creada para esta data, copiouna nun libro e decorárona no Bibliocastelo.
LEMOS XUNTOS TI E EU
VEMOS QUE AS LETRAS FORMAN PALABRAS
E AS PALABRAS CONVÉRTENSE EN LIBROS
QUE ESTREITAMOS NAS NOSAS MANS.
Este é o resultado:

martes, 2 de abril de 2013

CONTO VIAXEIRO

Outra actividade que realizamos dentro do proxecto "CANTOS CONTOS CONTAS" é un CONTO VIAXEIRO, que consiste nun traballo cooperativo creado por todo o alumnado do centro. O noso traballo consistiu en continuar a historia inventada polo alumnado de Infantil e deixar o conto sen rematar para que os nosos compañeiros do 2º ciclo sigan contándonos outras fantásticas aventuras.
Aquí tedes o resultado do traballo de 1º e 2º.





LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...