BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 20 de diciembre de 2013

PASE AO LIBERESPAZO

Durante este trimestre nas nosas incursións ao Bibliocastelo atopamos moitos libros marcados polas etiquetas do Liberespazo. Cubrimos o noso pase antes de Nadal os seguintes nenos:
2°A: Iago, María, Martiño, Nerea, Laura Brocos, Iria, Lucía, Brais e Aroa.
2° B: Andrés,  Eva, Ansur, David Crujeiras, Lois, Zulema, Sara, Isaac, Lidia e Xiana Gallego.



Xa sodes lectores Vip, noraboa a todos e seguide lendo moito!!!

jueves, 19 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Cunha acollida fantástica, nesta edición do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013, as familias do noso ciclo superaron con creces as nosas expectativas. Grazas por poñer tanta ilusión e agarimo e pasar un rato precioso cos vosos fillos. Sodes uns artistas!
Se non o credes... mirade estas presentacións das postais de 2º curso.


domingo, 15 de diciembre de 2013

XA SE ACHEGA O NADAL...

Si, xa se achega o Nadal e como non podemos deixar pasar estas datas de calquera xeito, xa estamos preparando moitas actividades para realizar ao longo desta semana que rematarán o venres 20 cos xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL.
Xa vos iremos contando pouco a pouco todo o que imos facer... De momento, conformádevos con estes traballos plásticos que serán a portada da carpeta dos traballos trimestrais que levaremos a casa esta semana.




jueves, 12 de diciembre de 2013

OS CAZACONFLITOS

Durante esta semana un grupo de rapaces de 5° veu visitarnos polas aulas para explicarnos que forman parte do EQUIPO DE MEDIACIÓN do cole e que podemos acudir a eles sempre que teñamos un conflito difícil de resolver,  cubrindo o impreso que hai na porta da aula de mediación.

 
Grazas por querer axudarnos compañeiros! 

domingo, 1 de diciembre de 2013

TAMBO E PAPIRUS

Hoxe foi a estrea do libro-disco TAMBO de Víctor Castro e Laura García, no CULTURGAL de Pontevedra.  No acto os autores contaron a historia de Tambo, despois houbo un pequeno concerto no que cantaron a canción da mascota da nosa Biblioteca PAPIRUS,  todo acompañado de karaokes e coreografías. Gustounos moito e un paxariño díxonos que pronto van estar en Bueu!!!
Mirade estes vídeos, premendo neles.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Hoxe fomos a un teatro musical no auditorio da fundación Novagalicia Banco de Pontevedra. Foi a primeira saída do alumnado do 1º curso. A obra mesturaba partes musicais interpretadas por dous músicos e dous cantantes e partes interpretadas por dous actores: a nena e o grilo. Ao longo da sesión fomos escoitando as cancións do disco de Magín Blanco.
Gustounos moito o espectáculo e ata pasamos un chisquiño de medo!!!









lunes, 25 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO

Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, e por iso durante esta semana estamos lendo contos relacionados con ese tema como OS BONOBOS CON LENTES ou A FAMILIA PORCÓN... Ademais, traballamos uns xogos para darnos conta da importancia que ten a igualdade no mundo actual e entre todos, reflexionamos por ter un mundo máis xusto onde ninguén se crea superior a outro. Entre todos conseguirémolo!
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML

domingo, 17 de noviembre de 2013

SEXAMOS SOLIDARIOS!

O próximo 25 de novembro conmemórase o DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO, e que mellor xeito de celebralo que educar na igualdade e na solidariedade.
Se premedes nos seguintes enlaces atoparedes unhas sinxelas actividades e xogos pensados para vós. Esperamos que vos gusten.

http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash.asp

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

O pasado martes, 5 de novembro, celebramos o MAGOSTO. O tempo non nos acompañou xa que choveu moito e non puidemos realizar os xogos tradicionais con castañas.  O que si fixemos foi comer as castañas asadas, que nos souberon...









boísimas!!!

jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN

E chegou o Samaín! Estes días traballamos nas aulas escribindo un pesadelo terrorífico. Despois eliximos o que máis medo nos deu e escribímolo e decorámolo nun globo de cómic que saía do CASTELO DOS PESADELOS. Ademais participamos na xa tradicional EXPOSICIÓN DE CABAZAS inspirándonos nos cómics. Había verdadeiras obras de arte!!!







domingo, 27 de octubre de 2013

ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

O 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES polo que celebramos o aniversario da mascota da Biblioteca: PAPIRUS. Este ano fixémolo dun xeito especial: Papirus enviounos unha carta moooi longa onde nos contaba todas as cousas que fixera no verán cos seus amigos e despois puidemos ver o resultado.


Vimos un vídeo no que se conta a historia de Papirus ilustrada e contada polo alumnado de 6º,

botamos unha ollada ao cómic que lle escribiu Trassiwolf,
admiramos o mural que lle pintou o seu amigo David,
e cantamos a canción que Víctor Castro compuxo para el e que poderedes escoitar próximamente.
Para rematar, as dúas aulas entregámoslle unha felicitación de aniversario escrita e decorada por nós nas clases e cantámoslle: PARABÉNS PARA TI...
GRAZAS POR INVITARNOS AO TEU ANIVERSARIO PAPIRUS, PASÁMOLO XENIAL!!!





miércoles, 2 de octubre de 2013

CHARLA DE BALONMÁN

Hoxe recibimos a visita do Club Atlético Balonmán de Bueu. Déronnos unha charla informativa sobre ese deporte e amosáronnos vídeos ilustrativos. Ao final animáronnos a practicar deporte, sexa cal sexa. Grazas pola vosa visita!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO

Ola! Xa estamos aquí de novo, dispostos a comezar un novo curso escolar. Empezamos con moitas ganas e ilusión, sabendo que ao final deste curso algúns cambiaremos de ciclo e empezaremos unha nova etapa nas nosas vidas. Para comezar con bo pé, aprenderemos unha canción sobre o CORPO HUMANO, así aprenderedes as súas partes, os ósos... Esperamos que vos guste e estade atentos ao BLOG, porque este curso haberá novidades mooooi interesantes!

jueves, 27 de junio de 2013

UNHA AVENTURA MONSTROSA

Velaquí tedes o resultado do Conto Viaxeiro que creamos entre todos os rapaces do colexio. Comezou polos peques de Infantil e ía pasando de aula en aula ata chegar a 6º. Ao final quedou un conto cheo de aventuras, intrigas, pócemas... LEDE, LEDE!

miércoles, 19 de junio de 2013

A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA

Durante este trimestre lemos o libro: A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA da editorial Edebé e fixemos moitas actividades relacionadas co conto.
- Aprendemos a retahila de memoria.
- Fixemos un mural na entrada do cole.
- Debuxamos os insectos.
- Escribimos o nome dos bichos.
- Fixemos moitas series de insectos por todo o corredor.
E, como colofón, o martes recibimos a visita de Benxamín Míguez Novoa, quen nos contou e ilustrou unhas historias fantásticas nas que aparecían animais extraños, monstruos medorentos e algúns nenos do cole!!!
Mirade o resultado de todo este traballo!






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...