BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 27 de mayo de 2011

CONTACONTOS ESPECIAL

Onte viñeron algúns rapaces e rapazas do instituto Johann Carballeira a contarnos dous contos: TÍO LOBO e ONCE DAMAS ATREVIDAS. Representáronos e fixéronnos rir a gargalladas. Agradecémoslles o seu esforzo e nós estivemos moi atentos. Despois os nenos buscamos o conto pola biblioteca para podelo ler na nosa casa. Ata o próximo ano!


TEATRO TARABELOS

O luns 23 de maio tivemos a 2ª sesión de títeres de TARABELOS. Esta vez representou O PAXARO MÁXICO, onde a través da súa protagonista Sabela fomos descubrindo un conto fantástico. Eran incríbles os decorados, os monicreques e todos os materiais que empregou Esteban que, ademais, eran feitos por el.




Nós despois fixemos uns debuxos para regalarlle.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Customize a scrapbooking design

lunes, 16 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O venres 13 os nenos e nenas de 2º fomos contarlle un conto aos peques de 4 anos. Cada un contoulle o conto que quixo, e como é o noso preferido, aos rapaces gustoulles moito. Agardamos con impaciencia o día que veñan os maiores a contarnos o seu conto preferido a nós. Estade atentos que pode ser calquer día!



JACOBO FERNÁNDEZ

O xoves 12 veu a visitarnos ao cole o escritor do libro A PEDRA E AS FORMIGAS que leron os nenos e nenas de 2º curso: JACOBO FERNÁNDEZ.


Empezou explicándonos o que é unha banda deseñada e quedou moi contento cando lle ensinamos a que fixemos os nenos de 2º B: "Xa vexo que sodes uns expertos" dixo. Tamén amosounos algúns debuxos e dixo que os fixera con acuarela. Finalmente rematamos cunha rolda de preguntas antes de que asinara os nosos libros. Ata pronto Jacobo e grazas pola túa visita!

miércoles, 11 de mayo de 2011

TEATRO

Por mor da conmemoración das Letras Galegas, hoxe fomos todo o cole de primaria a ver un teatro a cargo de TARABELOS. A obra que interpretou foi: O TRAXE NOVO DO REI, unha versión moderna do conto de Andersen que xa coñeciamos. Esteban, o actor estivo fantástico e quedamos abraiados coa cantidade de cousas que sabía facer el só. Como nos gustou tanto, o próximo día 23 iremos de novo a ver outra obra: O PAXARO MÁXICO. Esperámosvos!


domingo, 8 de mayo de 2011

II CORRELINGUA DO MORRAZO

O mércores 4 de maio celebramos en Bueu a 2ª edición do CORRELINGUA NO MORRAZO. Participaron colexios de Marín, Moaña, Cangas e Bueu, así que xuntámonos máis de 1000 nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria. Reunímonos na praza do Concello de Bueu e despois saímos a facer unha marcha polas rúas de Bueu baixo o lema "EN GALEGO SEMPRE SOMOS". Á volta nos agardaba unha degustación de leite Ulla que estaba riquísima e un concerto do TIC-TAC. Todos levabamos unha camiseta diseñada por nós coa palabra que máis nos gusta da nosa lingua. Mirade que bonitas quedaron!

lunes, 2 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO cunha iniciativa do Equipo da biblioteca: uns APADRIÑAMENTOS LECTORES que consistiron en que cada neno tiña que contar un conto a outro neno máis pequeno do cole. O venres 29 empezamos os de 1º e fomos contar CONTÍN CONTÓN aos nenos de 3 anos. Gustoulles moito o noso conto e pasámolo moi ben retornando ao noso anterior colexio de Infantil. O mellor foi o remate final con HUGO RODRÍGUEZ de 1ºB contando o conto a todos os nenos xuntos. Canto rimos!






Agardamos con moita ilusión o día que os maiores veñan contarnos o conto a nós, e estade atentos xa que pronto irán os de 2º a contarlles un conto aos nenos de 4 anos. MIRADE QUE FOTOS!









LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...