BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 27 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL

O 22 de decembro foi o Festival de Nadal no Centro Social do Mar de Bueu. Choveu moitísimo e tivemos que ir e volver en bus, menos mal que saiu todo de marabilla! As actuacións foron moi bonitas e divertidas e tanto nós coma as nosas familias disfrutaron moito.

Os nenos e nenas de 1º contáronnos en verso as aventuras de Papirus e Marco Polo e despois danzaron Hoe Ana, unha danza que aprendeu Papirus nas súas viaxes.


Os nenos de 2 A fixeron un conto musical e os de 2 B un baile moi marchoso.


Ao chegar ao cole de novo atopamos unha sorpresa: viñeron a visitarnos os Reis Magos!!! Déronnos unhas lambetadas e finalmente rematou o día cunha merendola cos compañeiros.

Mirade as fotos que nos fixeron!

Merii Kurisumasu! Bo Nadal!



Mostrámosvos tamén os versos ilustrados con imaxes que os nenos e nenas de 1º recitaron sobre as viaxes de PAPIRUS polo lonxano Oriente, onde LENDO coñeceu a un aventureiro incansable MARCO POLO.



PAPIRUS E MARCO POLO






Gústanos moito ver en video as nosas actuacións no festival de Nadal.


viernes, 10 de diciembre de 2010

OBRADOIROS NADAL

Hoxe foi un día moi especial: OS OBRADOIROS DE NADAL!!!
Todas as clases do ciclo fomos rotando polos 4 obradoiros do noso corredor: RECREATIVO coa profe Geli; BILINGÜE coa profe Marina; DECORATIVO coa profe Lina e o máis divertido, o PLÁSTICO con 4 nais que nos viñeron a axudar.
Os obradoiros consistiron en facer moitas actividades relacionadas co Nadal como: un Belén de plastilina, decorar un fondo con estrelas, xogar en inglés e facer un mural cun barco precioso. Pasamos toda a mañá moi entretidos, divertímonos moito e vestimos o noso colexio de Nadal.
Moitas grazas ás colaboradoras e... BO NADAL!




MEDRANDO EN VALORES

O noso colexio vai empezar un novo proxecto chamado "MEDRANDO EN VALORES".

Durante este curso vamos a traballar coa nosa familia unha ficha mensual adicada a un valor diferente. Estas fichas viaxan da casa ao cole nunha carpeta que nós mesmos decoramos. Mirade que bonitas quedaron!









Despois, as fichas máis interesantes colgaranse nun mural que hai na entrada do cole e todas as demais polos corredores.



Seguro que despois deste proxecto todos somos mellores persoas!



DÍA DA NON VIOLENCIA






O 25 de novembro celebramos o Día da non violencia. Os nenos de 1º ciclo celebrámolo coa visión da película "Rosa caramelo" e cantamos unha canción para a igualdade que nos gustou moito.
Despois, as titoras fixeron outras actividades, como contarnos o conto da xirafa Timotea ou facer un mural chamado: "Non lle fagas aos demais o que non che gusta que che fagan a ti"




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...