BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 27 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL

O 22 de decembro foi o Festival de Nadal no Centro Social do Mar de Bueu. Choveu moitísimo e tivemos que ir e volver en bus, menos mal que saiu todo de marabilla! As actuacións foron moi bonitas e divertidas e tanto nós coma as nosas familias disfrutaron moito.

Os nenos e nenas de 1º contáronnos en verso as aventuras de Papirus e Marco Polo e despois danzaron Hoe Ana, unha danza que aprendeu Papirus nas súas viaxes.


Os nenos de 2 A fixeron un conto musical e os de 2 B un baile moi marchoso.


Ao chegar ao cole de novo atopamos unha sorpresa: viñeron a visitarnos os Reis Magos!!! Déronnos unhas lambetadas e finalmente rematou o día cunha merendola cos compañeiros.

Mirade as fotos que nos fixeron!

Merii Kurisumasu! Bo Nadal!



Mostrámosvos tamén os versos ilustrados con imaxes que os nenos e nenas de 1º recitaron sobre as viaxes de PAPIRUS polo lonxano Oriente, onde LENDO coñeceu a un aventureiro incansable MARCO POLO.



PAPIRUS E MARCO POLO






Gústanos moito ver en video as nosas actuacións no festival de Nadal.


viernes, 10 de diciembre de 2010

OBRADOIROS NADAL

Hoxe foi un día moi especial: OS OBRADOIROS DE NADAL!!!
Todas as clases do ciclo fomos rotando polos 4 obradoiros do noso corredor: RECREATIVO coa profe Geli; BILINGÜE coa profe Marina; DECORATIVO coa profe Lina e o máis divertido, o PLÁSTICO con 4 nais que nos viñeron a axudar.
Os obradoiros consistiron en facer moitas actividades relacionadas co Nadal como: un Belén de plastilina, decorar un fondo con estrelas, xogar en inglés e facer un mural cun barco precioso. Pasamos toda a mañá moi entretidos, divertímonos moito e vestimos o noso colexio de Nadal.
Moitas grazas ás colaboradoras e... BO NADAL!




MEDRANDO EN VALORES

O noso colexio vai empezar un novo proxecto chamado "MEDRANDO EN VALORES".

Durante este curso vamos a traballar coa nosa familia unha ficha mensual adicada a un valor diferente. Estas fichas viaxan da casa ao cole nunha carpeta que nós mesmos decoramos. Mirade que bonitas quedaron!









Despois, as fichas máis interesantes colgaranse nun mural que hai na entrada do cole e todas as demais polos corredores.



Seguro que despois deste proxecto todos somos mellores persoas!



DÍA DA NON VIOLENCIA






O 25 de novembro celebramos o Día da non violencia. Os nenos de 1º ciclo celebrámolo coa visión da película "Rosa caramelo" e cantamos unha canción para a igualdade que nos gustou moito.
Despois, as titoras fixeron outras actividades, como contarnos o conto da xirafa Timotea ou facer un mural chamado: "Non lle fagas aos demais o que non che gusta que che fagan a ti"




domingo, 14 de noviembre de 2010

MAGOSTO

O martes 9 de novembro íase celebrar o magosto no cole con xogos tradicionais e comendo castañas. Ao final tívose que suspender polo temporal e quedamos moi decepcionados.
O mércores no recreo a directora repartiu os premios dos conxuros e despois comemos as castañas.
Que boas estaban!




sábado, 13 de noviembre de 2010

CARREIRA DE SAN MARTIÑO



O domingo 7 de novembro, tivo lugar en Bueu a tradicional carreira de San Martiño, na que participaron moitos nenos do noso ciclo. Incluso houbo algún premio, noraboa a todos!

domingo, 7 de noviembre de 2010

QUE SON OS COGOMELOS?


A primeira semana de novembro adicámola aos COGOMELOS. Os nenos e nenas de 5º tiveron unha charla cun micólogo e foron coller cogomelos con el. Despois, explicáronnos todo o que aprenderon e amosáronnos fotos e debuxos dunha exposición que hai no colexio. Tamén vimos unha presentación no ordenador e traballamos as partes dos cogomelos nunha ficha.

SAMAÍN

Na última semana de outubro celebramos o SAMAÍN no colexio con moitas actividades: fixemos uns gorros de meigas terroríficos, contacontos de medo, pintamos unhas meigas de samaín, e unha exposición de cabazas. Para rematar, houbo un concurso de conxuros no que participou todo o cole e onde houbo traballos preciosos.


GALICIA E AS CIENCIAS DO MAR

Este curso participamos no proxecto Galicia e as ciencias do mar da fundación CETMAR. Concedéronnos estas dúas actividades relacionadas co mar:









O mércores 27 de outubro fixemos a primeira saída deste curso. Xunto cos nenos e nenas de 2º ciclo fomos ao Centro Social do Mar de Bueu a ver un espectáculo de monicreques chamado Marusía da compañía Babaluva. Gustounos moito, foi un pouco medorenta e tamén divertida. Este é o seu cartel.





Ao día seguinte, viñeron a visitarnos ao colexio os científicos de Ciencia Divertida, que nos explicaron moitas cousas relacionadas co mar como por exemplo que os peixes pequenos hai que devolvelos ao mar. Nos fixeron participar moito, como vedes nestas fotos.


ANIVERSARIO DE PAPIRUS


O 24 de outubro celebramos o aniversario de Papirus, a mascota da nosa biblioteca. Papirus sorprendeunos xa que... voltou da súa viaxe polo mundo para visitarnos nesa data tan especial. Contounos as súas andainas e nós fixemoslle moitas preguntas. Podedes ver as fotos aquí.

jueves, 30 de septiembre de 2010

INICIO DE CURSO


Ola a todos e todas!
Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2010-2011. En setembro incorporáronse a 1º de primaria 34 nenos e nenas con moitas ganas de aprender e divertirse no cole dos maiores. Próximamente vos iremos informando de todas as nosas actividades e novidades.
Apertas fortes para todos!





lunes, 21 de junio de 2010

FIN DE CICLO




A final deste curso demos a despedida tamén ao alumnado de 2º curso que xa vai para 3º. Seguro que van ter moito que aprender, e moito que divertirse. Para que non vos esquezades deles, aí van as súas fotos. Moita sorte, compañeiros!








EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO











Despois de moitos cambios debidos á folga da función pública e ás condicións meteorolóxicas, finalmente puidemos ir de excursión de fin de curso o día 14 de xuño ao Ecoparque de Marín. Alí fixemos xogos polo monte e circuitos polas árbores. Os monitores ensináronnos a empregar os arneses e os mosquetóns e finalmente fixemos os percorridos polas árbores. Foi unha excursión para lembrar!



DESPEDIDA DE DÚAS PROFES

Ao final deste curso despedímonos de dúas profes que se van do cole. A profe Ana de Educación Física vai para Boborás, e a profe Inés de A.L. e Lengua Castellana vai para Cambre. Para lembralas sempre, celebramos unha festa con xogos e entregámoslles uns traballos que fixemos con moito agarimo para elas.

DEBUXANDO A PAPIRUS



Neste curso, a biblioteca organizou un concurso para debuxar a súa mascota: Papirus. De todos os debuxos presentados, no primeiro curso resultou gañador o de Henrique de 1ºB. Mirade o debuxo que fixo!

domingo, 6 de junio de 2010

REPORTAXE TELEVISIVA

Co gallo do premio conseguido polos nenos e nenas de colexio no concurso literario de Bueu informa, viñéronnos a facer unha reportaxe televisiva, que podedes ver premando no enlace. http://www.vimeo.com/12113914

sábado, 29 de mayo de 2010

PREMIOS BUEUINFORMA

O venres 28 de maio, entregáronse no salón de actos da Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu os premios do II concurso de literatura mariñeira. O CEIP A Pedra obtivo diferentes premios, tanto a nivel individual como colectivo, podémolo consultar no seguinte enlace.
http://www.bueuinforma.org/


martes, 25 de mayo de 2010

SORTES INFANTIS

Este traballo xorde froito da colaboración e da sabedoría popular do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Sabedes o que son as sortes? Son unha frase ou retahíla previa ao xogo que serven para formar os equipos ou para ver quen empeza o xogo ou quen apanda nel. De todas elas as mestras de Educación Física seleccionamos as que máis nos chamaron a atención e aí van algunhas delas.

CONVERSAS EN GALEGO



Dentro do proxecto "Galegos e galegas de aquí e acolá", os nenos e nenas de 2º tivemos a oportunidade de falar cuns nenos de Cabo Verde que viven en Burela (Lugo) e cos padriños de Sara de 2º B que viven en Castellón. As conversas fixéronse por videoconferencia na aula de informática e falamos de cousas tan interesantes como os deportes, as linguas, as praias, as paisaxes... Foi moi emocionante e agradecémoslles moito a súa amabilidade.


TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

Co motivo do Día das Letras Galegas, a compañía Tanxarina Títeres fixo dúas representacións os días 7 e 12 de maio no Centro Social do Mar de Bueu. O primeiro día fixeron "Contaloucos" e o segundo "Titiricircus". Foron uns espectáculos moi divertidos.

1º CORRELINGUA DO MORRAZO


O venres 21 de maio celebrouse a 1ª edición de Correlingua no Morrazo. Asistimos todos os nenos do noso colexio e tamén doutros colexios de Bueu, de Marín, de Cangas... Nós levabamos unha camiseta co nome do cole e carteis co lema "O galego, a forza do noso amor" de Uxío Novoneyra. Fixemos unha marcha por Bueu, merendamos na praza do Concello e despois comezou o concerto de Mamá Cabra. Cantamos e bailamos moito, pero tivemos que meternos na sombra xa que ía moita calor. Foi un día estupendo!

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


O día 21 de maio veu a visitarnos Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos como "A pel do crocodilo" ou "O cazador de Cambodia". Ensinounos como facía os seus debuxos de animais e tamén a poñer diferentes expresións a unha cara. Despois, asinou algúns dos nosos debuxos e libros. Pasámolo moi ben!

sábado, 1 de mayo de 2010

SUSO CUBEIRO



O vindeiro día 5 de maio o ilustrador Suso Cubeiro visitará o bibliocastelo, os nenos e nenas de 2º de primaria, para preparar a súa visita, cantaron as adiviñas que el debuxou e pintou no libro "XOGANDO AS ADIVIÑAS" podédelo comprobar premando no video.
Tamén nós quixemos participar inventando adiviñas que despois ilustramos. Como nos quedaron tan bonitas, poñémolas aquí para que as vexades. Suso Cubeiro fixo un debuxo para nós e adicouno. Gustáronlle moito os nosos traballos. Premade aquí para velos.


sábado, 24 de abril de 2010

CONTOS CREADOS E CONTADOS

Durante todo este mes de abril, os nenos e nenas do 1º ciclo elaboraron o seu propio conto sobre o mar, de entre todos elexíronse dous contos: GASPAR O VIAXEIRO en 2º B e MATILDA en 2º A. Na clase e de xeito cooperativo reelaboráronse os contos, dando como resultado un traballo moi interesante de participación, creación, ilustración e de expresión oral e escrita. Cada clase, co seu conto protagonista vai participar no concurso convocado por Bueuinforma o día 30 de abril.

Se queredes escoitar o conto de Matilda narrado polos nenos de 2º A, premade no video.





Se queredes ver o conto de Gaspar o viaxeiro ilustrado polos nenos de 2º B, premade aquí.



GASPAR O VIAXEIRO




DIA DO LIBRO 23 DE ABRIL VISITA DE DANIEL NESQUENS


O venres 23 de abril os nenos e nenas do 1º ciclo do ceip A Pedra recibimos a visita de Daniel Nesquens na nosa biblioteca. Daniel é o autor dos libros que lemos: El ciempiés (1º) e Días de clase (2º)
Daniel contounos unha historia preciosa dunha nube que lle conseguía todo o que lle pedía, xa fora un café ou unha noiva... Despois respondeu a todas as nosas preguntas con moita paciencia e humor. Finalmente, os nenos e nenas de 2º ensinámoslle o traballo que fixemos de "Días de clase" e asinóunolo. Gustoulle moito e a nós gustounos a súa visita.
Se queredes vela, premade aquí:



martes, 13 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril, celebrouse o día Internacional do libro infantil e xuvenil. Para conmemoralo, esa semana lemos contos de Hans Christian Andersen na hora de ler, e para familiarizar aos nenos con este escritor, puxémoslle unha presentación e eles ilustraron os seus contos. O luns 12 de abril lemos o manifesto de Eliacer Cansino e cantamos a cantiga: Un barquiño pequeneiro.

viernes, 9 de abril de 2010

Miguel Hernández

No vindeiro outubro, vaise celebrar o centenario do nacemento de Miguel Hernández, polo que no día mundial da poesía no noso centro lemos na área de lingua castellana os seus poemas, gustoulles moito o de Cabritilla.












Os nenos e nenas de segundo de primaria leron, aprenderon, recitaron e ilustraron o poema da Cabritilla.














Rosalía de Castro
Para poñer en contacto aos nosos nen@s coa poesía galega traballamos a Rosalía de Castro, con esta presentación coñecemos algo da súa vida e obra.



Rosalia






















jueves, 8 de abril de 2010

DÍA MUNDIAL DA POESÍA



O día 21 de marzo, celebrouse o "Día mundial da poesía". Os nenos de 2º quixemos celebralo dende o noso ciclo con diferentes actividades, buscando poesías, recitando outras, aprendendo algunhas e, sobre todo, traballando "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro.
Na clase vimos unha proxeción sobre a súa vida, escoitamos a canción de Amancio Prada e aprendemos e recitamos a poesía. Para rematar fixemos caricaturas de Rosalía na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...


Rosalía de Castro

TINTEIRO DE PAPIRUS

Este é o xornal do colexio no que tamén participaron os nenos e as nenas do primeiro ciclo, a ver se atopades todas as nosas aventuras!

viernes, 22 de enero de 2010



O sábado día 30 de xaneiro celébrase o "Día da Paz". No cole celebrarémolo o venres 29 creando un mural entre todo o alumnado do ciclo e cantando a canción "Imagine" de John Lennon xunto con todos os nenos e nenas do colexio. Tamén imaxinaremos como nos gustaría vivir no mundo
Moito agarimo e desexos de paz para todos e todas!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...